Óscar Pereiro

Categoría: Recensión

A miña bici e máis eu

A miña dedicación ao ciclismo é consecuencia dos amigos que tiña de pequeno. Eu andaba cun grupo de rapaces que practicaba o ciclismo e, claro, conseguiron liarme. Así que cando fixen a Primeira Comuñón pedín de agasallo unha bici. E aquí estou. Quero dicir que o que un é de maior, seméntase de pequeno. O mesmo pasa coa lectura. Eu recomendo este libro, por razóns obvias, pero tamén podía ser outro. Calquera libro infantil é axeitado para un rapaz. Coma en todo, aquí o importante é a afección. Neste caso, á lectura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email