Novo director xerente da Fundación Carlos Casares

Categoría: Nova

Cúbrese así o posto no organizativo que quedara baleiro coa marcha de Damián Villalaín a Santiago para ocupar un posto de asesor do Presidente da Xunta.

Gustavo A. Garrido fóra colaborador de Carlos Casares dende 1989 no consello de redacción de GRIAL, director da colección de Galaxia "Galicia no espello" e, dende 2006, é responsable de Merlín Comunicación, S. L.

No mesmo Padroado do día 3 pasado, foi nomeado Xosé M. Soutullo para levar a dirección cultural. Soutullo e Garrido pertencían ao consello asesor da Fundación Carlos Casares dende a súa fundación. Gustavo A. Garrido compatibilizará a dirección da Fundación CC coa súa responsabilidade en Merlín Comunicación ata outubro, momento en que
abandonará a empresa de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email