Estás aquí:

Código: 2382

Murguía

40,00  IVE INCLUIDO
A biografía de Manuel Murguía Esta obra recibiu una axuda á edición do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Con esta biografía de Manuel Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega, o historiador Barreiro Fernández, que tamén presidiu esa institución, pon nas mans dos lectores unha obra magna, case mil páxinas para recoller e transmitir o tempo vital de quen foi unha das figuras esenciais do galeguismo. Manuel Murguía (1833-1923) foi o máis destacado representante do nacionalismo galego no século XIX. A súa obra como historiador e escritor está dedicada enteiramente á idea de Galicia como nación; é autor de títulos fundamentais coma Los precursores e Historia de Galicia, nos que se asentan as bases da cultura galega contemporánea. Coa súa obra, a historia de Galicia configúrase como historia nacional. Vencellado á publicación da obra de Rosalía de Castro, con quen estivo casado, foi o primeiro presidente da Real Academia Galega. O historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, un dos grandes especialistas na historia contemporánea de Galicia, traza nesta biografía un retrato fidedigno do personaxe e, con pulso narrativo e rigor documental, relata as circunstancias nas que a obra e as ideas políticas de Murguía viron a luz.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 988
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 11/05/2012
Dimensións 150 x 220 mm. mm.
Colección: Grandes Biografías
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-425-7
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Barreiro Fernández, Xosé Ramón
ramon

(Ribeira, 1936 – 2021) é historiador. Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico na Universidade Gregoriana de Roma. Doutorouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela coa tese «El campesinado gallego en la Historia contemporánea» e é catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na mesma universidade. De 2001 a 2010 foi presidente da Real Academia Galega. É membro Consello da Cultura Galega desde a súa fundación.

Entre as súas obras pódense destacar: El carlismo gallego (1976), Historia Contemporánea de Galicia (1981), La imprenta en Galicia (1982) e os catro volumes dedicados aos séculos XIX e XX publicados dentro do Proxecto Galicia de Ed. Hércules, Os deputados de Galicia. Biografía de deputados e senadores (1810-2001) (2001), Historia da Universidade de Santiago (2001). Recibiu o Premio da Crítica (Investigación), en 1985 e 2000, o Premio Santiago da TVG no ano 1987, a Medalla Castelao no ano 1991, a Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela e o Premio da Asociación de libreiros, entre outros.
O seu libro Murguía recibiu o Premio da Crítica 2013 na modalidade de Investigación.

As súas obras

Murguía
murguia
40.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Grandes Biografías

Castelao. Construtor da nación. TII 1931-1939
9788491514763
46.00€ CON IVE
Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930
castelao-construtor-da-nacion-tomo-i
45.00€ CON IVE
Castelao. Construtor da nación. Tomo III 1940-1950
9788491517627
43.00€ CON IVE
Castelao na luz e na sombra
castelao
40.00€ CON IVE
Juana de Vega condesa de Espoz y Mina (1805-1872)
9788491519638-scaled
41.00€ CON IVE
Murguía
murguia
40.00€ CON IVE
Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)
rosalia-de-castro-biografia
27.20€ CON IVE