Moreno, María Victoria

mvictoria
Moreno, María Victoria

María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005), licenciada en Filoloxía Románica pola universidade de Madrid, en 1963 conseguiu unha praza de profesora nun instituto de Pontevedra, establecéndose en Galicia. A súa identificación co noso país foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e o convertiu na súa lingua. Desde entón, toda a súa obra literaria está escrita en galego. Unha parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil, como Leonardo e os fontaneiros, Mar adiante, O cataventos e Festa no faiado. A súa novela Anagnórise, xa traducida ao castelán, obtivo un grande éxito entre os lectores, e figura na lista de honra do IBBY de 1990. Con Guedellas de seda e liño recibiu unha mención especial White Ravens 2002. Colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección Árbore da Editorial Galaxia dende 1988, ano da súa creación.

As súas obras

Anagnórise
Anagnorise-2017
13.60€ CON IVE
A festa no faiado
festa
11.15€ CON IVE
Leonardo e os fontaneiros
leonardo
esgotado
Onde o aire non era brisa
onde
15.20€ CON IVE