María do Cebreiro

Categoría: Recensión

Agradézolle inmensamente a Manuel Outeiriño que escriba neste lugar e neste tempo. Vexo ese feito como un don inmerecido, como todas as cousas que non agardamos e nos melloran. Pois na verdade non somos merecentes das palabras felices, habendo tanta perda, e aí están. Depósito de espantos, Letras vencidas e este É erguen o dedo índice para nos contar que o poema non é mol e por iso hai que roelo. Na música barroca, a algúns adornos chámanlles mordentes, quizais por indicar que o estilo tamén traba. Delicado e violento, como todos os libros necesarios, É non xoga coa lingua, a lingua xoga connosco a través del. O capital viaxa; estes poemas permanecen.

Comparte nas túas redes sociais ou por email