As Maimiñas estrean novo traballo en Mos

Categoría: Nova

Aprende a viaxar soñando con Volta, revolta e reviravolta o novo libro cd de As Mamiñas, que se presentará este sábado 18 de marzo no Centro Dotacional de Torroso, en Mos, con dúas funcións con entrada de balde ata completar aforo, que prometen ser un éxito. Coas entradas xa esgotadas para o concerto de presentación ás 18:30h, aínda quedan algunhas para a sesión das 19:30, un acontecemento onde os protagonistas serán as nenas e nenos.
As Maimiñas son Lucía Lago e Irene Álvarez, ou o que é o mesmo, Mai e Miña, dúas nais que un día decidiron actuar para os seus fillos. Foi entón cando comezaron a facer o que querían que visen os nenos: un espectáculo de música e contos nos que puidesen participar activamente. Dende entón, as súas aventuras téñenas levado por auditorios de toda Galicia e este sábado recuncan en Mos para celebrar a saída do seu último traballo.
Non faltedes!!

Comparte nas túas redes sociais ou por email