(Ourense, 1966) é fotoxornalista e colabora con diversos medios (ABC, Expansión, Revista Eco, Destino Galicia…). Como fotoxornalista cubriu acontecementos como o Prestige ou o accidente de Angrois. Colaborou en libros de fotografía como Fomos ficando sós o mar, o barco e mais nós, da editorial Difusora, e realizou exposicións sobre o Camiño de Santiago ou sobre a Galicia tradicional (Raíces) de ampla difusión, chegando a Houston ou Braga.
Foto de: © Moncho Fuentes.
María López Sández (Lugo, 1973) é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente imparte docencia no ensino medio e é profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias de Educación da USC. O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, no estudo da cartografía como semiótica do espazo. Co traballo titulado Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007.
No 2012 resultou gañadora da VI edición do Premio de Narrativa Breve Repsol coa novela A forma das nubes, publicado por Galaxia no mes de novembro do ano 2012.