Vidal Portabales, Ignacio

Igmnacio-Vidal-Portabales
Vidal Portabales, Ignacio

(Compostela, 1958) é profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Neste eido, ademais de numerosos artigos científicos de temática xurídica, escribiu ensaios sobre o dereito da publicidade e mais a sociedade da información. Na súa faceta de narrador, gañou en 2012 o Premio Blanco Amor coa obra Dióxenes en Dolorida (2013) e, en 2019, acadou, con Lara e Sabela, o Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey (2020). Tamén é autor da obra O inspector e mais eu (2016) e da novela destinada á mocidade Sangue no dron (2022). Obtivo, así mesmo, varios premios de poesía, tanto en galego coma en castelán.

As súas obras

Illas remotas
9788491519508
18.40€ CON IVE