Freixanes, Bieito Iglesias e Antón Riveiro ensalzan en Noia a habilidade de AgraFoxo como narrador

Categoría: Nova

Tres autores xa consagrados deron a súa opinión sobre Unha viaxe no Ford T, destacaron a súa habilidade narrativa, a capacidade para crear un estilo propio e anovador que serve de punto de encontro para as viaxes e a literatura e a orixinalidade á hora de casar realidade con ficción. Víctor Freixanes confesaba sentir empatía por esta habilidade do homenaxeado para conseguir esta combinación: "O lector non disfrutará plenamente se non sabe o que está detrás, que é Hemingway e a súa relación con Galicia; AgraFoxo retórcelle o pescozo ao documento histórico e constrúe outra cousa e é aí onde engaiola ao lector", comentaba Freixanes.
O crítico literario e escritor Bieto Iglesias coincidiu tamén co responsable de Galaxia ao afirmar que Hemingway é, segundo dixo, "un fantasma necesario para ler este libro".
O autor, que pechou o acto, revelou que Unha viaxe no Ford T trátase da segunda parte dunha triloxía tecida cos fíos do amor, da literatura e das viaxes. A terceira parte da triloxía verá a luz baixo o título de O caderno azul.

Comparte nas túas redes sociais ou por email