Estás aquí:

Código: 2864

Estrelecer

12,60  IVE INCLUIDO
Nun mundo onde as rapazas poidan ser libres
Un grupo de amigas atópanse pola noite nunha casa especial. Semella que nela non habita ninguén. Pero hai unha estraña muller que parece que trae a morte con ela. Carlos Labraña, un dos nosos escritores de teatro máis importantes, entréganos unha historia negra onde nada é o que parece: en realidade, todo é moito peor do que parece. Unha historia de medo, en que cada sombra agocha unha pregunta. Para ler sen deixar de respirar

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 88
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Coste Oeste
Nº na colección: 111
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-329-2
Observacións:

AUTORES/AS

Labraña, Carlos
Carlos-Labraña-196x220

Carlos Labraña é un dramaturgo galego nado en Cedeira (A Coruña) en 1969 especializado en teatro para nenas e nenos. A súa relación co teatro comezou no Colectivo Garola de teatro infantil, no que participou na escrita de pezas como O segredo de Daniel (1998) ou A Escada (1994), ambas as dúas premiadas na Mostra de Teatro Xeración Nós. Tamén acadou diferentes premios, como o Estornela, o Manuel María e O Facho con pezas que se len e representan de maneira habitual nos colexios. Entre a súa produción tamén podemos atopar O Apalpador (2016), Estrelecer (2019) ou Contra o reloxo (2021, que levou o Premio Martín Sarmiento en 2023)

Xa de maneira individual, escribiu obras para nenas e nenos como Indo para o Samaín ou Os sons da bugina. Gañou en dúas ocasións o premio Estornela por Teatro de Xoguete (2010) e A pequena compaña (2014); O Facho por Espantallo (2013), Moito Morro Corporation , Sociedade Ilimitada (2014, galardoada co Premio de Teatro na Gala do Libro 2017), Estrela… fugaz? (2015, Premio SGAE 2022), e Ícaras (2022); así como os premios Manuel María de literatura dramática infantil por O valo (2016) ou SGAE por Mambrú volveu da guerra (2022).

En 2016 fundou a compañía de teatro Os Furabolos para levar á escena as súas obras, e na que desenvolve tamén a súa faceta como actor e director.

 

As súas obras

Contra reloxo
9788491516095
11.80€ CON IVE

COLECCIÓN

Coste Oeste

Atranco no banco
9788491514053
12.60€ CON IVE
Berta Mir detective. O caso do papagaio que falaba de máis
9788491514039
17.40€ CON IVE
Estrelecer
estrelecer
12.60€ CON IVE
O home que mercou un libro
9788491514077
12.60€ CON IVE
A sombra das árbores
9788491514060
12.60€ CON IVE