Eduardo Blanco Amor: supervendas da literatura galega

Categoría: Nova

Semella haber unha especie de unanimidade nunca explicitada pero si asumida respecto a que a gran novela galega é 'A Esmorga' de Eduardo Blanco Amor. Daí a expectación que está a causar a rodaxe da película de Ignacio Vilar sobre ese título.
Sen embargo, Eduardo Blanco Amor é moito máis que a gran historia do Cibrán, Milhomes e O Bocas, e outros libros seus, coñecen reedicións unha e outra vez, como é o caso de 'Os Biosbardos', libro que saiu no xa afastado 1962 e que dende aquela non deixou de reimprimirse unha e outra vez. Estes días, nós poñemos nas tendas a cuarta edición dende que no ano 2003 entrou na Biblioteca Blanco Amor onde concentrarmos todos os libros do autor ourensán.

Comparte nas túas redes sociais ou por email