Estás aquí:

Código: 1054

Criaturas. Só lles falta falar!

22,00  IVE INCLUIDO
Sabedes como se chama o son que emite o burro?, ou que é un lucecú?, cantos dentes ten un mosquito? Animádevos a abrir estas páxinas e descubriredes os segredos mellor gardados do mundo das CRIATURAS.
Un libro sobre as mascotas e as persoas. Un libro sobre as aventuras que animais e persoas viven xuntas. Un libro cos casos máis interesantes, divertidos e simpáticos do programa CRIATURAS da TVG. Sabiades que os animaliños gozan da nosa compañía, que lles gusta xogar con nós e con outras criaturiñas…que choran, que se poñen tristes… ou que cando se mancan senten moita dor… que tamén se namoran… e que lles gusta a música…? vaia!, que só lles falta falar! O certo é que resulta asombroso comprobar como, por exemplo, un moniño axuda a outros que teñen medo, ou como as vacas gozan ao resolver problemas na súa vida diaria ou como as ovellas poden iniciar amizades profundas, ou como... Todos estes momentos puideron verse antes no programa CRIATURAS, que se emite na TVG. E despois de pensalo un pouquichiño, pensamos que era unha mágoa non compartir todas esas vivencias cos lectores e as lectoras, contándoas con maior detalle, describindo as emocións e desvelando todos os grandes segredos que, en ocasións, no programa non dá tempo a desvelar. Son moitas as historias de animaliños que todo o equipo do programa leva presenciado ao longo dos catro anos que levan traballando en CRIATURAS. Por iso neste libro fixemos unha selección que resultase especial, fermosa e apaixonante para quen se achegue por estas páxinas. Así que aquí vos presentamos as vinte e cinco andainas animais que nos causaron maior simpatía, as máis alegres, emocionantes, doces e abraiantes…, e das que seguro, á parte de atopar un magnífico entretemento, aprenderedes algo novo do mundo animal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 104
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 16/11/2011
Dimensións 230 x 330 mm. mm.
Colección: Libros singulares e fora de colección
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-399-1
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

González, Rocío
rocio

(Lago-Valdoviño, 1977). Mestra de Primaria e Xornalista, na actualidade traballa como Directora de Contidos da Productora Pórtico, na que traballa desde hai 8 anos. Dirixe o programa de «Criaturas» (TVG), para os que leva feito e/ou custodiado máis de 400 guións de historias reais. E dirixe o programa «Grandes Lugares», programa sobre a vida común de lugares de Galicia (TVG-pendente de emisión).
No 2009 desenvolveu o papel de codirectora e guionista do programa musical «Quen Toca» (TVG). Foi guionista e documentalista dos programas «Antes do Silencio» (2007) e «Noitemóbil» (2007) tamén para a TVG. Funcións que sempre foron da man do seu traballo de investigación no Departamento de Desenvolvemento de Proxectos da Produtora.
O traballo que marcou a súa traxectoria profesional foron os 4 anos que estivo como redactora para o programa «Desde Galicia para el Mundo» (2003-2007), programa para o que escribiu máis de 600 reportaxes documentais e no que continua cooperando puntualmente.
Ademáis ten colaborado con diferentes medios escritos como El Correo Gallego (2002), Diario de Ferrol (2002), ou Europa Press (2002), coa Cadena Ser (2001) como redactora de informativos e como redactora, guionista e presentadora na televisión local da súa terra (2001-2003).

As súas obras

Criaturas. Só lles falta falar!
cri
22.00€ CON IVE
Pato, Alfonso
pato

Licenciado en Filoloxía Hispánica. Acumula unha experiencia de 25 anos como redactor en diversas publicacións e 14 anos traballando en televisión.
Traballou en TVE-Galicia, e sobre todo na TVG. Traballou na área de contidos e participou na creación de máis de 30 formatos diferentes.
Foi ponente sobre creación de formatos audovisuais nos cursos de verán da Universidade de Vigo.
Desde 1986 desenvolveu tamén unha intensa traxectoria en prensa escrita, como Bravú o Compostelán, e foi editor e impulsor do artefacto literario Batiscafo, e do magazine audiovisual Canzine.
Na actualidade colabora na edición galega de El País, onde escribe sobre temas musicais e audiovisuais. É director do Festival de Cans de cortometraxes e música.

As súas obras

Criaturas. Só lles falta falar!
cri
22.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Libros singulares e fora de colección

120 anos de ciclismo galego
ciclismo
42.20€ CON IVE
A batalla de Rande. Mapas e gravados (1699-1715)
batalla de rande
41.60€ CON IVE
A bela Otero, pioneira do cine
a bela otero
24.15€ CON IVE
A berenguela
A berenguela
20.75€ CON IVE
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
22.00€ CON IVE
A música da terra
a musica da terra
descatalogado
A volta do xove Príncipe
A volta do Xove Príncipe
14.55€ CON IVE
Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. 1196-1981
alg
27.30€ CON IVE