Cortizas, Antón

anton-cortizas-©Kiko-delgado
Cortizas, Antón

(Ferrol, 1954) é profesor. En 1986 gañou o premio Curuxa de Humor co relato A medio muller. Desde aquela, a súa dedicación á literatura infantil e xuvenil deparoulle moitos recoñecementos, como o premio Barco de Vapor por Memorias dun río (1988), O conto dos sete medos (1991) e Os gritos das illas Lobeiras (Premio Barco de Vapor 1995), o premio Xeración Nós de textos teatrais por O coleccionista de sombras (1990) e O incrible invento de Solfis a pianista (1994), así como Xogando con gatos (Premio Manuel María de literatura dramática infantil, 2014, e Premio da I gala do libro galego, 2016, modalidade teatro).

Outros títulos publicados por Cortizas son Xiganano, ¿onde estás? (1990), O lapis de Rosalía (1992), A bruxa sen curuxa (1993), O merlo de ferro (1995), A merla de trapo (Premio Merlín 2001) e ¡Cázame ese pensamento! (2001).

En Editorial Galaxia publicou Contos de vento e de nunca acabar (1999), Historias e algún percance todos ditos en romance (2004) (accésit do Premio Lazarillo), Abrapalabra! (2010), Tenrura (2017), Non trabes na lingua (2019), Adiviña esta adiviña (2021), Os dez animais (2022) e Quéresme adiviñar? (2023).

Foto do autor: ©Kiko Delgado.

As súas obras

Quéresme adiviñar?
9788411760317
14.70€ CON IVE
ABRAPALABRA!
abra
esgotado
Historias e algún percance todas ditas en romance
historias percance romance
11.00€ CON IVE
Contos de vento e de nunca acabar
foto
11.00€ CON IVE