Estás aquí:

Código: 541

Corazón de manteiga

18,50  IVE INCLUIDO
Mauro goza dunha nenez fantástica,
inzada de soños, vive logo unha mocidade de dúbidas e desterro interior para, ao cabo, iniciar a madureza cunha espiral de tormentos e inseguridades. Cunha escritura que vai mudando desde o relato naturalista á memoria esnaquizada, Xavier Queipo conta nesta novela a historia dunha vida marcada pola diferenza. O seu protagonista, Mauro, xunta as forzas que lle quedan para vindicar unha experiencia que ninguén cre e liberarse dunha dúbida terrible que condiciona a súa existencia. Esta é a historia dun home engaiolado en si mesmo, dun deses ícaros que aprenden a voar ata a extenuación das forzas e da ilusión. Unha novela para ler co corazón. Narrada cunha prosa precisa, coa tensión necesaria para deixar de lado a convención literaria e a estreitez existencial.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 216
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 417
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-489-3
Observacións:

AUTORES/AS

Queipo, Xavier
Xavier-Queipo-©

(Compostela, 1957) escribe e publica regularmente en galego desde 1990. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (relatos, 1990); Ringside (relatos, 1993), O paso do Noroeste (Premio García Barros de Novela, 1996); Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (novela, 2001); O ladrón de esperma (relatos, 2001); Nos dominios de Leviatán (poesía, 2001), Os ciclos do bambú (relatos, 2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil, 2005); Dragona (novela, 2007); Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007); Saladina (novela, 2007); Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009); A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009); Cartas marcadas (ensaio, 2010); Ártico 2.0 (relatos, 2011), Extramunde (Premio Xerais de Novela 2011), Os kowa (Premio Blanco Amor 2015), Home invisíbel (poesía, Premio Illas Sisargas 2016, 2017), Corazón de Manteiga (novela, 2020), Final Feliz (relatos, 2022), Algoritmos (notas heteróclitas, 2022) e, xunto con Ramón Neto, do poemario Minutos para medianoite (2019). Membro do Dichterscollectif van Brussel desde 2007. Premio da Crítica española en 1991, Premio Nacional de tradución 2014, en colaboración) e Premio Xosé Mª Álvarez Blázquez ao Autor do ano 2011. Participou en numerosos libros colectivos e antoloxías, traduciu do francés a Amin Maalouf e Hervé Guivert e, do inglés, a Joseph Conrad e James Joyce.

As súas obras

Minutos para medianoite
minutos-para-medianoite
13.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE