Estás aquí:

Código: 2440

Chámame señora, pero trátame coma a un señor

19,20  IVE INCLUIDO

Memoria persoal do machismo na cultura

Nunca crin nesas mulleres de máis de corenta que se comportan coma se acabasen de saír dunha película de Disney. Non soporto as que fan coma que non saben de que vai a vida, e as que se sorprenden con todo. Non aturo as que se fan as parvas cando é evidente que as engurras na pel e as canas no pelo delatan que xa non están na idade da inocencia. Tampouco creo a esas que pretenden xustificar os seus fracasos ou desilusións valéndose da inxenuidade. Hai actitudes que, a unha certa idade, beirean o ridículo. Especialmente, nunca crin que, aos meus anos, as escritoras poidamos comportarnos coma se aínda puidésemos ser princesas. No fin de contas, diso se trata cando unha pretende algo máis ca escribir poemiñas para conquistar corazóns.

Diso fala este libro.

É, se se quere, unha perda da inocencia, unha ruptura con certos silencios, mesmo un balance de máis de vinte anos de dedicación á literatura. Este libro desexa ser tamén un xesto de coherencia, pois creo fondamente na necesidade do pronunciamento político daquelas persoas que temos a capacidade de erguer a nosa voz, un berro que, no meu caso, só pode ser feminista.

Non sei por que adoita crerse que o espazo literario está libre de todos os vicios machistas que funcionan no resto da sociedade, coma se, por ser máis culta e etérea, fose mellor ca o andamio dunha obra. Pois non é certo. Hai machismo no mundo da literatura, e decidín contalo.

Non é obrigatorio lelo.

Que peche o libro quen crea que vai atopar aquí un relato riquiño sobre o feito de ser escritora. Iso que o fagan as que van de inocentes.

Por iso este tampouco é un ensaio ao uso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 188
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Feminismos
Nº na colección: 1
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-258-5
Observacións: 4ª reimpresión febreiro 2022

AUTORES/AS

López Silva , Inma
inma

Novelista, ensaísta, crítica teatral e columnista de prensa, é autora dunha ampla obra literaria que foi recoñecida cos premios Xerais, Blanco Amor, San Clemente, Losada Diéguez e Francisco Fernández del Riego. Como narradora, cultivou o xénero breve en libros como Rosas, corvos e cancións (2000) e Tinta (2012), así coma o ensaio feminista en New York, New York (2007), Maternosofía (2013) e o polémico Chámame señora, pero trátame coma a un señor (2018). Tras o éxito de aclamadas novelas como Memoria de cidades sen luz (2007) e Aqueles días en que eramos malas (2016), Galaxia publica en 2020 O libro da filla, Premio da Asociación de Críticos Literarios.

As súas obras

Rosas, corvos e cancións
foto
13.25€ CON IVE

COLECCIÓN

Feminismos

ám@me
amme
24.80€ CON IVE
As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais
9788411761741
24.00€ CON IVE
Chámame señora, pero trátame coma a un señor
chamame-senhora-pero-tratame-coma-un-senhor
19.20€ CON IVE
Cómplices. A violencia machista institucional
complices-a-violencia-machista-institucional
21.20€ CON IVE
Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión
feminicidio
19.20€ CON IVE
Feminismo en cen palabras
9788491519706
16.60€ CON IVE
A Galiza feminista. Tebras e alboradas
9788491516255
16.40€ CON IVE
Isto SI é un Home
9788491517979
19.20€ CON IVE