Centenario da primeira exposición das estampas de “Nós”

Categoría: Nova

Hoxe, cúmprese o centenario da primeira exposición que fixo Castelao, o día 2 de marzo de 1920, das estampas de  Nós, na Coruña. Unha fermosa composición de 50 estampas do artista rianxeiro que primeiro circulou como exposición e en 1931 foi editada nun álbum.

A colección recóllese nunha obra editada por iniciativa dun grupo de amigos de Castelao e sufragada por estes, nos prelos da ‘Casa Hauser y Menet’ de Madrid. No prólogo do álbum, onde afirma que a obra foi composta entre os anos 16 e 18, explicita o senso que lle dera ao seu traballo e esboza unha xustificación da estética que o inspirara. Os temas que aparecen tocados en Nós son as lacras sociais da Galicia daquel tempo.

Para lembrar nun día tan especial ao que é, sen dúbida, un símbolo do galeguismo e da nosa cultura, o historiador Miguel Anxo Seixas Seoane presentará hoxe, ás 19:30 h, na Real Academia Galega, Castelao. Construtor da nación, que afonda na biografía de tan senselleira figura.
O autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Dolores Vilavedra, conselleira da Editorial Galaxia e Ramón Villares, historiador e académico.

Comparte nas túas redes sociais ou por email