Estás aquí:

Código: 699

Cancioneiro da poesía céltica

16,60  IVE INCLUIDO
A tradución galega, de Celestino F. de la Vega e Ramón Piñeiro, do libro publicado en Berna en 1944.
A aparición deste texto na nosa lingua en 1951 supuxo un acontecemento editorial de primeira orde, tanto polo interese literario dos poemas como pola novidade da publicación dunha obra destas características no ámbito da cultura galega. Desde entón, este fermoso cancioneiro, que moi pronto se convertiu nunha xoia bibliográfica, era buscado por moitos lectores que o puideron atopar nesta segunda edición.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 164
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/03/1991
Dimensións 135 x 200 mm.
Colección: Dombate (Poesía
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-765-1
Observacións:

AUTORES/AS

Pokorny, Julius
R (4)

Julius Pokorny (Praga, 12 de xuño de 1887-Zúric, 8 de abril de 1970) foi un estudoso das linguas celtas, especialmente o irlandés, e un defensor do nacionalismo irlandés. Ocupou cargos académicos en universidades austriacas e alemás.

Naceu en Praga, entón parte do Imperio austrohúngaro, e estudou na Universidade de Viena, onde tamén ensinou desde 1913 ata 1920. De 1920 a 1935, ocupou a cátedra de filoloxía celta na Universidade Friedrich Wilhelm de Berlín, antes de que os nazis descubrisen que, a pesar de ser nacionalista alemán, era de ascendencia xudía.1​ Foi editor da importante revista Zeitschrift für Celtische Philologie antes de a segunda guerra mundial (1921-1938) e foi responsable da súa reactivación despois (1954-1967). Escapou á Suíza en 1943, onde ensinou durante uns anos na Universidade de Berna e na Universidade de Zúric ata a súa xubilación en 1959. En 1954, recibiu o título honorario de cátedra na Universidade Ludwig Maximilian de Múnic, onde foi profesor de tempo parcial en 1956 e novamente desde 1960 ata 1965. Morreu en Zúric en 1970 case tres semanas despois de ser atropelado por un tranvía, non moi lonxe da súa casa.

As súas obras

Cancioneiro da poesía céltica
cancioneiro celtica
16.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate (Poesía

A fraga prateada
fraga prateada
10.90€ CON IVE
A illa das mulleres loucas
a illa mulleres loucas
12.90€ CON IVE
A nada destemida
9788471548221
12.00€ CON IVE
A ponte das poldras
ponte das poldras
12.00€ CON IVE
A rosa de ninguén
a rosa ninguen
esgotado
A traxectoria caótica do péndulo
pendulo
10.70€ CON IVE
Acusación
acus
12.90€ CON IVE
Antiga claridade
antiga claridade
12.00€ CON IVE