Baamonde, Antón

Antón Baamonde
Baamonde, Antón

(Vilalba, 1959) é licenciado en Filosofía. Ensaísta e articulista, é autor dunha obra onde o literario e o filosófico se funden en libros como Sobre o tempo (1990) e A rosa sen porqué (1997), publicadas en Editorial Galaxia.

Heterodoxo de si mesmo, intenta non repetirse, por iso, noutros traballos mirou pola fiestra o que pasaba e debuxou unha visión da sociedade galega: socioloxía a machado cunhas pingas de costumismo e leve ironía. Diletante e afeccionado ás venalidades e bagatelas, pensa o que pensa, e non o que os demais queren que pense.

O seu último ensaio publicado en Editorial Galaxia foi Unha nova Olanda (2021), onde defende que as cidades son “un estado de ánimo”, e propón un modelo de futuro para Galicia baseado na interconexión da súas urbes con con Portugal.

As súas obras

Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla
9788411761864
22.00€ CON IVE
A rosa sen porqué
rosa
16.40€ CON IVE
Unha nova Olanda. De Ferrol ao Porto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global
9788491517276
21.60€ CON IVE