Estás aquí:

Código: 3001

Asasinato de Roger Ackroyd

20,50  IVE INCLUIDO
Hercule Poirot resolve enigmas e intrigas nesta segunda entrega en Galaxia das obras de Agatha Christie.
"A señora Ferrars morreu a noite do 16 ó 17 de setembro, un xoves. Mandáronme recado ás oito da mañá do venres 17. Nada se podía facer. Levaba varias horas morta". Así comeza este segundo libro que Editorial Galaxia publica na Biblioteca Agatha Christie. Nel, o monsieur Poirot non só ten que enfrontarse ao caso da desaparecida señora Ferrars –¿suicidio?, ¿asasinato?–, senón tamén coa morte violenta de Roger Ackroyd. ¿E cal é o segredo da carta azul? Estes e outros enigmas e intrigas para entreter a Poirot e os lectores deste libro, publicado por vez primeira en 1926, levado ao teatro e ao cine e agora por primeira vez traducido ao galego.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 248
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 01/04/2001
Dimensións 140 x 208 mm.
Colección: Biblioteca Agatha Christie
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-437-0
Observacións:

AUTORES/AS

Christie, Agatha
Christie

A escritora inglesa Agatha Christie (1891-1976) foi unha prolífica autora de novelas policíacas, que lle deron sona mundial. Os seus relatos caracterízanse polos desenlaces sorprendentes. Creou dous detectives moi orixinais como protagonistas da maioría dos seus relatos: Hercules Poirot e Miss Marple, anticuados e entrañables como a sociedade en que se moven. Entre as novelas máis célebres de Agatha Christie atópanse cinco publicadas en galego por Editorial Galaxia na súa colección Biblioteca Agatha Christie: O asasinato de Roger Ackroyd, Asasinato no Orient Express, Cianuro espumoso, Dez negriños e Pano. O derradeiro caso de Poirot.

Foi autora ademais de obras teatrais como A ratoeira e Testemuña de cargo. Escribiu tamén novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. As súas historias foron levadas en múltiples ocasións ao cinema e á televisión.

As súas obras

Asasinato no Orient Express
foto
esgotado

COLECCIÓN

Biblioteca Agatha Christie

Asasinato de Roger Ackroyd
foto
20.50€ CON IVE
Asasinato no Orient Express
foto
esgotado
Cianuro espumoso
cianuro
20.50€ CON IVE
Dez negriños
negriños
esgotado
Pano. O derradeiro caso de Poirot
pano
16.10€ CON IVE