Estás aquí:

Código: 2274

Antre dous séculos

12,40  IVE INCLUIDO
O cosmos poético
de Antre dous séculos xira ao redor dunha Galicia rural que se olla a través da súa paisaxe, unha Galicia folclórica poboada de tópicos costumistas, agarimosa e fermosa, que Álvarez Limeses humaniza, pero onde non falta a preocupa­ción social na denuncia da inxustiza, a pobreza, a fame e a miseria do labrego, con quen o poeta se amosa solidario. Este poemario, con prólogo de Castelao, deu nome á chamada “xeración de entre dous séculos”, e que agrupaba os escritores galegos nacidos entre 1869 e 1879, protagonistas da transición da literatura galega no cambio de centuria, entre os que estaban, ademais de Álvarez Limeses, Noriega Varela e Cabanillas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 112
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 190 mm.
Colección: Letras Galegas Clásicas
Nº na colección: 9
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-647-7
Observacións:

AUTORES/AS

Álvarez Limeses, Gerardo
gerardo_alvarez_limeses

(Pontevedra, 1871-1940), mestre e escritor, estudou Dereito en Santiago de Compostela e Maxisterio en Madrid. Desempeñou os cargos de Inspector de Ensino Primario, secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, inspector de Primeira Ensinanza en Cádiz e profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo.

Foi académico correspondente da Real Academia Galega e pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos e cofundador e vicedirector do Museo de Pontevedra. Tamén foi redactor das revistas El Iris Literario e Extracto de Literatura, fundou Galicia Moderna e dirixiu El Perdigón, en Palencia, e El Maestro Gallego, Galicia Ilustrada e Mi Tierra, en Ourense e colaborou con El Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Correspondencia Gallega.

As súas obras

Antre dous séculos
9788491516477
12.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas Clásicas

Antre dous séculos
9788491516477
12.40€ CON IVE
Poesía Galega Reunida (1991-2017)
9788491516262
24.40€ CON IVE