Estás aquí:

Código: 2143

Antoloxía

13,10  IVE INCLUIDO
Para un achegamento de primeira man á figura multifacética de Paz-Andrade.
Con selección de textos e edición a cargo de Xan Carballa, esta Antoloxía recolle o labor de Valentín Paz-Andrade como poeta, xornalista e ensaísta. Inclúe o texto íntegro de Pranto matricial, o seu poemario máis coñecido; ademais dunha biografía sintética e unha introdución á obra literaria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 168
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 27/02/2012
Dimensións 135 x 190 mm. mm.
Colección: Letras Galegas
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-418-9
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Paz-Andrade, Valentín
valentin

Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo, 1987) foi persoa de múltiples ocupacións e difícil clasificación: xornalista, avogado, economista, investigador literario e histórico, intelectual e activo político. Entre os acontecementos que viviu, están a ditadura militar de Primo de Rivera, a República, a frustración da autonomía galega, a Guerra Civil e a ditadura militar de Francisco Franco, a restauración monárquica, a recuperación democrática e o novo Estatuto. Atopou respostas, cando mozo, nas ideas do nacionalismo galego que confluíron na fundación do Partido Galeguista, do que formou parte. Fundou e dirixiu o diario Galicia, unha experiencia referencial na historia do xornalismo galego. Foi candidato galeguista nas eleccións de 1931, 1933 e 1936 e sobreviviu á ameaza mortal do golpe militar de Franco. Participou como profesor nos cursos de pesca que organizou a FAO en diversos países latinoamericanos.

As súas ideas de vincular o futuro político de Galicia co desenvolvemento económico articúlanse en ensaios fundamentais como Galicia como tarea (1957) ou La marginación de Galicia (1970), ademais de dar soporte teórico e práctico a empresas como Pescanova. Representou a Galicia na Comisión negociadora da Transición, entre outros con Jordi Pujol, Felipe González e Santiago Carrillo. Foi senador de 1977 a 1979 e defensor da autonomía desde posicións críticas.

Como poeta, escribiu Pranto matricial, Sementeira do vento e Cen chaves de sombra; como ensaísta, A galecidade na obra de Guimarães Rosa e Galiza lavra a sua imagen, e, como biógrafo de Castelao, a súa obra monumental Castelao na luz e na sombra.

As súas obras

Antoloxía
paz
13.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
lobo
esgotado
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro
biog
12.50€ CON IVE
A vida de Ánxel Fole
a vida fole
11.00€ CON IVE
A vida de Eladio Rodríguez
foto
descatalogado
A vida de Manuel Murguía
foto
esgotado
A vida de Rafael Dieste
foto
descatalogado
A vida de Xesús Ferro Couselo
vida xesus ferro
9.80€ CON IVE
A vida do Padre Sarmiento
vida padre sarmiento
9.30€ CON IVE