Abril Oteriano en Ourense e Vigo

Categoría: Nova

Flores para don Ramón, para dona Fita e para dona Eladia no cemiterio de San Francisco (Ourense). O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Víctor Freixanes, fixo una evocación sentida do autor de "Arredor de si" e houbo flores das Fundacións de Galaxia (Otero Pedrayo, Penzol, Isla Couto), da Fundación Vicente Risco, do Parlamento de Galicia, representado polo seu titular Miguel Santalices, dos concellos de Ourense e de Amieiro (Xesús Vázquez e Rafael Rodríguez Villarino) e máis da Deputación provincial (Rosendo Fernández)
A continuación, Alfonso Monxardín deleitounos coa gravación dunha conferencia de Ramón Otero Pedrayo, pronunciaba en Buenos Aires, en 1957, ilustrada con imaxes da cidade antiga de Ourense e algúns dos seus personaxes máis populares. Alumnas e alumnos do instituto das Lagoas e do instituto Otero Pedrayo recitaron poemas e interpretaron a Negra Sombra, o poema de Rosalía de Castro.

Todos os sábados, ata o próximo mes de maio, haberá conferecias e coloquios no Liceo de Ourense, ás 12 horas, en memoria de don Ramón, así como na Fundación Penzol (alumnos de bacharelato) e na Universidade de Vigo.

A foto é de Antonio Cortés.

Comparte nas túas redes sociais ou por email