Pero como fomentar de verdade a lectura?

Categoría: Nova

Durante as vindeiras semanas, no 'Balcón de Libros' do noso blog, imos ir ofrecendo distintas respostas a unha pregunta que sen dúbida é esencial. O fomento da lectura é moito máis que o fomento do consumo de libros. É o fomento, tamén, do pensamento e da fantasía e, en última instancia, un elemento creador de democracia.
A Editorial Galaxia convidou a escritores/as, ilustradores/as, músicos e, en xeral, á xente do mundo da cultura galega, a ofrecer unha resposta a tan complexa pregunta.
Estamos certos de que, con todas as ideas que irán chegando, seremos quen de compoñer un escenario xeitoso e lúcido que deite claridade nun tema no que, como seres humanos, nos xogamos moito.
Onte, as reflexións, no noso blog, comezaron co escritor Manuel Darriba.

Comparte nas túas redes sociais ou por email