Inauguración nas Pontes de O LECER DAS AUGAS

Categoría: Nova

Esta exposición, organizada pola Asociación de Balnearios de Galicia e producida por Merlín Comunicación, percorre a historia dos balnearios de Galicia e chega mañá ás Pontes de García Rodríguez.
Esta mostra ten a súa orixe nun convenio asinado en 2007 entre a Cámara Mineira de Galicia e a Asociación de Balnearios. En virtude deste acordo, un equipo de investigadores da Universidade da Coruña realizou un estudo sobre a historia dos balnearios galegos, centrado no período 1700-1936.
A exposición consta de doce paneis, ademais de cincuenta volumes seleccionados da biblioteca do codirector da Cátedra de Hidroloxía Médica da USC, o doutor Luís Rodríguez Míguez, así como botellas, artigos de cosmética e distintas pezas (vasos, inhaladores) procedentes algunhas da colección do doutor e outras cedidas por diversos balnearios da comunidade.
Poderá visitarse na Sala de Exposicións Mercado Vello das Pontes (A Coruña) até o 23 de outubro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email