O sábado 26 de abril, celebrarase, ás 19 h, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV), o XI Memorial Henrique Otero "Leccións de gaita", un concerto homenaxe.
No acto, celebrarase a presentación do libro, en edición de Xaime Estévez, Leccións de gaita, do homenaxeado Henrique Otero.
Acompañando o responsable de edición, estará Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.