O venres 5 de agosto, celebrarase, ás 19:30 h, nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, dentro da programación da Feira do Libro, unha sinatura con Arantza Portabales arredor da súa obra. Asinará libros como Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Beleza Vermella, A vida secreta de Úrsula Bas ou Sobrevivindo, na caseta da libraría Espazo Lector Nobel.