Sinatura con Paula Mayor e Alexandre Senande, no Día do Cómic

Data e hora de comezo: 17, Marzo 2025 / 18:00
Data e hora de remate: 17, Marzo 2025 / 20:00
Komic Librería
Rúa de San Pedro de Mezonzo, 34
C.P. 15701
Santiago de Compostela

O luns 17 de marzo, celebrarase, a partir das 18 h, na libraría Komic, en Santiago de Compostela, polo Día do Cómic, unha sinatura con Paula Mayor arredor da novela gráfica Rosalía oculta.

Ás 19 h, haberá unha sinatura co ilustrador Alexandre Senande, arredor das obras que creou, xunto con Andrés Castro e Ozo Perozo, publicadas na colección Banda Deseñada, Sentinelas da Lúa Carmesí Sentinelas no limiar das tebras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email