A Real Academia Galega celebra do 19 ao 21 de novembro de 2024 o Simposio Luísa Villalta. O programa dedicado á protagonista do Día das Letras Galegas 2024 desenvolverase na Fundación Barrié (Cantón Grande, 9 - A Coruña) en horario de tarde. Ademais de relatorios e mesas redondas, incluirá unha actuación musical de Uxía e o espectáculo Indóciles.