O domingo 21 de decembro, celebrarase, a partir das 9:04 h, en Muros, un roteiro co escritor Samuel L. París.
15 prazas. É preciso inscribirse, de balde, enviando un correo electrónico, indicando nome completo, a:
oficina@aelg.org,
Todas as persoas inscritas recibirán un correo con toda a información sobre o evento.
En palabras do autor: 'Na mañá máis desesperanzadora, no día máis curto e cando xa nada importa; a luz sempre regresa. Percorrido pola desmemoria persoal que habita espazos e poemas, nunha fuxida que nos constrúe e nos derrota. Iso si: haberá café."