O xoves 5 de setembro, celebrarase, ás 11 h, no salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de presentación arredor do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil.
No acto, participarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas; e Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.