O venres 17 xaneiro, celebrarase, ás 11:30 h, no hotel Ciudad de Vigo, Salón Vigo City Sky (7º andar), acto de presentación do programa de actividades do LXXV aniversario de Editorial Galaxia, baixo o lema "Crear porvir"
Na xuntanza compartiranse os detalles das accións e iniciativas que desenvolveremos ao longo do ano 2025. Contaremos coa participación de persoas implicadas no proxecto, coas que celebraremos 75 anos de compromiso coa nosa cultura.
Prégase confirmación de asistencia e chegada con 10 minutos de antelación.