Editorial Galaxia celebrará mañá, martes 15 de xullo, ás 10:30 h, un encontro cos medios de comunicación no que presentará oficialmente á nova responsable de Edicións, Tamara Andrés, que se incorpora ao equipo da editorial; e a súa nova sede, en Travesía de Vigo, 71, desde a que continuará desenvolvendo a súa actividade editorial.
No encontro, presentarase oficialmente a Tamara Andrés como nova responsable de Edicións, quen asumirá esta responsabilidade dentro do proxecto editorial de Galaxia.
Estará acompañada por Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia, e Marcos Calveiro, director xeral.
Tras anos desenvolvendo o seu labor nas instalacións da Avenida de Madrid, 44, Editorial Galaxia inicia unha nova etapa coa apertura dun novo espazo.
Servirase café ao final do acto.