O venres 16 de xuño, seguindo coa tradición do #Bloomsday (data de publicación do Ulises de James Joyce) a Editorial Galaxia celebrará esta efeméride en colaboración co MARCO de Vigo.
O obxectivo é achegar a obra de Joyce ao público máis amplo posible, poñendo en valor a edición en galego deste clásico fundamental da literatura.
PROGRAMA / VENRES 16 DE XUÑO / BLOOMSDAY
Ás 11.30 = presentación á prensa no salón de actos do MARCO, coa participación de Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e María Alonso Seisdedos, como representante do equipo responsable da tradución do Ulises ao galego (Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo, e Antón Vialle).
De 12.00 a 14.30 = LECTURAS PÚBLICAS de fragmentos do Ulises, diante da fachada principal do MARCO (rúa Príncipe)
Grazas por contribuir á difusión desta actividade. Agardámosvos!