O xoves 9 de outubro, celebrarase, ás 12 h, na Sala de Xuntas do Concello da Estrada, unha rolda de prensa arredor da entrega do Premio Alberte Quiñoi 2025 de Álbum Ilustrado, Un porquiño polo San Martiño, de Macarena García Vicente e Iria Bermúdez Rozas.
Acompañando as autoras, estará Gonzalo Louzao Dono, alcalde do Concello da Estrada, e Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia.