Rolda de prensa arredor de “Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 17, Xuño 2026 / 12:00
Data e hora de remate: 17, Xuño 2026 / 13:00
Pazo de San Roque
Rúa de San Roque, 2
C.P. 15704
Santiago de Compostela

O mércores 17 de xuño, celebrarase, ás 12 h, no Pazo de San Roque, un encontro e homenaxe arredor da figura de Xesús Alonso Montero, coa presentación do seu libro, en formato rolda de prensa, Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, en edición de Ramón Nicolás.

Contará coa participación do editor, Ramón Nicolás, Sara Alonso, filla do autor; Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; e Xosé Manuel Soutullo, director de Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email