O xoves 21 de abril, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, unha rolda de prensa arredor de Tempo novo, de Xosé Neira Vilas.
No acto, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.