O xoves 17 de outubro, celebrarase, ás 12 h, no Salón de Actos da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, a presentación do II Premio de Literatura Infantil “Simbad para o Recordo e o Alzhéimer”, a Ignacio Vidal Portabales por Sucos.
No acto, acompañando o gañador, participarán, Isabel Gey, presidenta da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Alzhéimer; Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
O galardón recaeu nesta edición sobre O nobelo de Nenuca, de Irene Alonso Gasalla e a ilustradora Ángela María Curro Sayáns. Celia Díaz Núñez recibirá un premio accésit pola súa obra A avoa canta como a cotovía.