O martes 28 de xullo, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa de presentación arredor de Místicas. Curso do 34, Premio Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2026, de Álvaro Domínguez.
Acompañando o autor, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas; e Marcos Calveiro, director xeral de Editorial Galaxia.