O mércores 22 de outubro, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque, unha rolda de prensa arredor de Correspondencia (1965-2014), de Xesús Alonso Montero.
No acto, acompañando o autor, Xesús Alonso Montero, intervirán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia.