Rolda de prensa arredor de “A arte de non morrer”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 31, Xullo 2026 / 11:00
Data e hora de remate: 31, Xullo 2026 / 12:00
Pazo de San Roque
Rúa de San Roque, 2
C.P. 15704
Santiago de Compostela

O venres 31 de xullo, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa de presentación arredor de A arte de non morrer, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025, de Roberto Fernández Álvarez.

Acompañando o autor, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón, director xeral de Caixa Rural; e Marcos Calveiro, director xeral de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email