Rolda de prensa arredor da 2ª tempada de “José Gil. Pontevedra Provincia na Orixe do Cinema”, en Pontevedra

Data e hora de comezo: 10, Outubro 2023 / 12:00
Data e hora de remate: 10, Outubro 2023 / 13:00
C.P.

O martes 10 de outubro, celebrarase, ás 12 h, na Praza da Peregrina, en Pontevedra, unha rolda de prensa arredor da  2.ª tempada de: "José Gil. Pontevedra Provincia de Cine na Orixe do Cinema".

Acompañando o autor, participarán Ignacio Vilar, director de cinema; Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro de Cultura do Concello de Pontevedra; Alfredo Sánchez Seara, director da Banda de Música de Salcedo; Javier Rodríguez Filgueira, vicepresidente da Asociación; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email