Rolda de prensa – Anuncio da persoa gañadora XIX Premio de Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega

Data e hora de comezo: 1, Outubro 2025 / 11:30
Data e hora de remate: 1, Outubro 2025 / 12:00
Editorial Galaxia
Avenida de Madrid, 44
C.P. 36204
Vigo

O mércores 1 de outubro, darase a coñecer, ás 11:30 h, na sede da Editorial Galaxia (Avenida de Madrid, 44), en Vigo, a obra galardoada co XIX Premio de Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega.

O acto contará coa presenza de Mercedes Gómez Badiola, xerente de Relacións Institucionais da Fundación Repsol, Valentín García, secretario xeral da Lingua, Fran Davila, escritor e representante do xurado; e Xosé Manuel Soutullo, director xeral da Editorial Galaxia.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email