O sábado 3 de xuño, celebrarase, ás 12:00 horas, no teatro Jofre de Ferrol, unha sesión plenaria extraordinaria, no transcurso da cal Lourenzo Fernández Prieto dará lectura ao discurso de ingreso A memoria, a historia e a política. A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977, que será respondido, en nome da institución, por Ramón Villares Paz.