Presentación: Xaime Isla Couto. Entre o “Galiza ceibe” e o “Venceremos nós”, en Vigo

Data e hora de comezo: 3, Febreiro 2026 / 19:30
Data e hora de remate: 3, Febreiro 2026 / 20:30
Casa Galega da Cultura (Fundación Fermín Penzol)
Praza da Princesa, 2
C.P. 36202
Vigo

O martes 3 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na Casa Galega da Cultura, en Vigo, unha presentación arredor de Xaime Isla Couto. Entre o "Galiza ceibe" e o "Venceremos nós", de Marcelino Agís Villaverde.

Intervirán no acto Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol; Silvestre Gómez Xurxo, presidente de SEPT e padroeiro da Fundación Penzol; Abel Caballero, alcalde do Concello de Vigo; Rocío Carolo Tosar, presidenta do Foro Galicia Milenio, e Marcelino Agís Villaverde, autor do libro, padroeiro das fundacións Penzol e Isla Couto.

Comparte nas túas redes sociais ou por email