O mércores 19 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, na Biblioteca da EMAO, en Vigo, a presentación de Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, de Xesús Alonso Montero.
Acompañando o autor, estarán Laura Caveiro (Ateneo Atlántico) e Ramón Nicolás, crítico literario.