O xoves 19 de xuño, celebrarase, ás 20 h, no cinema NUMAX, en Santiago de Compostela, a estrea do documental Crear Porvir. 75 Anos de Editorial Galaxia,que percorre a historia da editorial dende os seus inicios ata a actualidade.
Duración: 52 min.
Sesión de balde até completar aforo. Prazas limitadas, confirmación de asistencia no correo comunicacion@editorialgalaxia.gal antes do martes 17 de xuño ás 14 h.