Presentación do Premio Ramón Piñeiro 2024 e convocatoria 2025, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 3, Outubro 2025 / 10:30
Data e hora de remate: 3, Outubro 2025 / 11:00
C.P.

O venres 3 de outubro, celebrarase, ás 10:30 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a presentación do Premio Ramón Piñeiro 2024 e convocatoria 2025, de Ser humanos, da autoría de Pilar Casal.

Acompañando a autora, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; Jesús Méndez, director xeral de Caixa Rural Galega; e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email