O luns 28 de febreiro, celebrarase, ás 13:30 h, a presentación, en rolda de prensa e público asistente, das bases do Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa, coa presenza do Alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero Legide, do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, do director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e do Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, Armando Requeixo.