O mércores 29 de outubro, celebrarase, ás 19 h, na Biblioteca Municipal do Porriño, a presentación do Premio Roberto Vidal Bolaño 2025, Os rapaces só se tocan para darse de hostias, de Iván Caloto.
Intervirán Alejandro Lorenzo, alcalde do Concello de Porriño; Iván Caloto, autor e gañador do Premio Roberto Vidal Bolaño; Raquel Castro, escritora e representante do IES Ribeiro do Louro; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.