Presentación do convenio de colaboración entre Fundación Repsol e a Editorial Galaxia, na Coruña

Data e hora de comezo: 24, Marzo 2023 / 13:00
Data e hora de remate: 24, Marzo 2023 / 14:00
Biblioteca Miguel Sande de Pastoriza
Rúa Barrionovo, 20
C.P. 15140
A Pastoriza

O venres, celebrarase, ás 13 h, na Biblioteca Miguel Sande de Pastoriza, en Arteixo, a presentación da colaboración entre Fundación Repsol e Editorial Galaxia. 300 Bibliotecas da Rede Galega Pública de Galicia recibirán a doazón da refinería Repsol. As beneficiarias, terán a colección completa de libros que conforman todos os gañadores do Premio de Narrativa Breve.

No acto de presentación, participarán a Directora da Refinería, Natalia Barreiro, o Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Manuel Lorenzo, a Concelleira de Cultura do Concello de Arteixo, Ana Bello, o xornalista e gañador da primeira edición do Premio Narrativa Breve Repsol, Miguel Sande, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email